Os incendios de Nogueira de Ramuín e A Veiga queiman xa unhas 239 hectáreas
Os incendios forestais rexistrados nos municipios ourensáns de Nogueira de Ramuín e A Veiga, que se atopan estabilizados pero aínda non baixo control, queimaron xa unhas 239 hectáreas: 89 arderon no primeiro e 150 no segundo.
En Nogueira de Ramuín, o lume iniciouse este martes en Vilar de Cerreda ás 12,17 horas deste mércores quedou estabilizado. Para tratar de extinguilo traballaron nel catro axentes, 19 brigadas, nove motobombas, tres pas, 12 helicópteros e seis avións.
Mentres, na Veiga, comezou tamén este martes na parroquia de Meixide e permanece estabilizado desde as 11,40 horas deste mércores. Nel participaron para tentar controlalo dous técnicos, 10 axentes, 25 brigadas, 12 motobombas, dúas pas, cinco helicópteros e catro avións.