O Centro Comercial Histórico de Viveiro prepárase para a IV Feira de Stocks
Do 23 ao 25 de Agosto nas carpas situadas nos Xardíns Noriega Varela levarase a cabo a IV Feira de Stocks organizada pola Asociación de comerciantes do Centro Histórico en colaboración co Concello de Viveiro, que un ano máis pon a disposición da Asociación todos os medios humanos e materiais posibles para que a Feira se poida levar a cabo.
Serán un total de 11 casetas dedicadas á venda de moda de nenos, agasallos e complementos, zapaterías, deportes, mobles, decoración e artigos do fogar. Unha ampla variedade de sectores e artigos que serán postos á venda a uns prezos moi reducidos, onde os clientes poderán adquirir verdadeiras gangas. O obxectivo principal é dar aos comerciantes a oportunidade de liquidar todo o seu stock e aos clientes unha oportunidade estupenda de adquirir artigos de primeira calidade a uns prezos inmellorables.
O horario da Feira será de 11 a 14 horas e de 18 a 22:00 h. O primeiro día, martes 23, terá lugar a inauguración ás 12:00 horas, á que asistirá a Concelleira de Comercio, Marisol Rey, como representante do Concello de Viveiro, e os representantes da Asociación de Comerciantes.