publicidade hoxe

O Bandeirock Solidario abre o xoves o cartel festivo da Empanada na Bandeira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+

Logo da celebración do campionato de canicas da S.D Bandeira que terá lugar mañá no campo da Gandareira (21:30 horas) a localidade da Bandeira vistese de festa coa empanada como grande protagonista.

Así, o xoves 18 o programa festivo arranca co XVI Bandeirock, unha cita xa consolidada que volve a ter carácter solidario, coa recollida de alimentos non perecedeiros que se entregarán ao Banco de Alimentos do programa municipal Silleda Solidaria.

O festival comeza ás 22:00 horas na praza Camilo José Cela. Este ano, como novidade a organización decicidiu contar cun abano máis amplo de estilos, para atraer tamén a un público familiar. Así ademais o punk  dos Tiro na Testa, que chegan dende Donramiro (Lalín), e a actuación do grupo anfitrión Kona ke te fixo, o Bandeirock contará coa actuación doutras dúas formacións con sons máis suaves a fin de atraer a un público máis diverso. Ademais da Banda da Tasca, o grupo de Lalín que repite na Bandeira, actuarán os vigueses RockaRolla, con versións de clásicos do rock dende os 70 ata os anos 90. Rematará a festa, un ano máis, o DJ Tita.

“Queremos dar a coñecer distintas variedades de rock por iso decidimos combinar grupos de sonidos máis duros con outros que seguro chegarán a un público máis familiar, máis para todos os gustos”, explica Andrea Guerra.

Dende o Concello de Silleda agradécese unha vez máis a colaboración dos organizadores con este evento, que de novo contribue a axudar ás familias silledenses con menos recursos.

O Bandeirock será o primeiro dos aperitivos da 42 Festa da Empanada, cun programa que continúa o venres co público infantil e o Esmorga Folk como protagonistas.

16 de agosto de 2016 | 20:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.