Continúa aberto o prazo para participar na viaxe a Chantada do Centro Agrario de Silleda
O Centro Agrario de Silleda organiza o vindeiro xoves día 1 de setembro unha viaxe a Chantada para achegar aos veciños interesados formas de producción da sidra e o cultivo de viñas. A saída en autobús será ás 10.30 dende a casa consistorial e o regreso está previsto en torno ás 19 horas. A viaxe é gratuita (desplazamento e entrada a establecementos) e os asistentes só terán que abonar o xantar, que terá lugar no restaurante Os Pendellos (16 euros).
A expedición iniciarase coa visita á fábrica Custom Drinks, a planta de elaboración de sidra Maeloc (de Hijos de Rivera Inversiones Corporativas). Esta visita vén a dar resposta ao convite formulado o pasado mes de abril por José Luis Olmedo, xestor de proxectos de I+D+I da citada firma, que participou nas primeiras xornadas informativas organizadas polo Centro Agrario de Silleda.
Logo do xantara excursión continuará coa visita á adega Ponte da Boga, tamén da mesma corporación, incluída na Denominación de Orixe da Ribeira Sacra.
Todas as persoas que estén interesadas en participar poden anotarse no Concello de Silleda (chamando ao 986 580000).
Esta visita vén a dar resposta ao convite formulado o pasado mes de abril por José Luis Olmedo, xestor de proxectos de I+D+I da citada firma, que participou nas primeiras xornadas informativas organizadas polo Centro Agrario de Silleda.
Con esta iniciativa, a primeira das saídas organizadas dende o Centro Agrario, ademais de promover a actividade agraria, búscase dar a coñecer aos produtores locais outras formas de producción e explotación das terras que poidan ser do seu interese.











