As pistas de pádel estarán pechadas luns e martes por tarefas de mantemento

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+

As pistas de pádel de O Castro estarán pechadas ao público durante as xornadas do luns 22 e martes 23, para a realización de distintas labores de posta a punto destas instalacións municipais.

Así, procederase á limpeza e adecentamento das pistas, unha vez rematadas as obras da cuberta deste recinto deportivo. Os traballos, adxudicados á empresa Endenor e cunha inversión de preto de 40.000 euros,  realizáronse contando coa subvención de Vicepresidencia para a mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais.

“Con esta iniciativa o recinto deportivo mellorará considerablemente permitindo aos numerosos usuarios que se achegan ata O Castro dispoñen destas instalacións independentemente das condicións climatolóxicas”, explica o alcalde, que visitou o recinto onde xa remataron os traballos.

Entrada automatizada

Logo da instalación o pasado mes de marzo dun reloxio temporizador para a iluminación destas pistas, as melloras do recinto continuarán nas vindeiras semanas coa colocación dun dispositivo para a entrada automatizada ás pistas.

Este servizo dará maior autonomía ós usuarios do recinto. O reloxo temporizador instalouse a través da subvención da Deputación de Pontevedra, por importe de 3.435,51 € para o mantemento e reparación de instalacións deportivas e espazos públicos.

19 de agosto de 2016 | 16:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.