A Unidade Móbil do Centro de Transfusión de Sangue visita a vila de Silleda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+

A Unidade Móbil do Centro de Transfusión de Sangue de Galicia volve visitar Silleda. A cita será mañá mércores, día 24 na capital municipal, onde quedará instalada no lugar de costume: na avenida do Parque, fronte á parada de taxis. Nesta xornada as persoas que queiran realizar doazóns poden acudir en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas.

O Concello de Silleda e o Centro de Transfusión de Sangue de Galicia amosan o seu agradecemento a todas as persoas que participan nestas campañas, xa que o xesto solidario das doazóns contribúe a mellorar a saúde de moitos doentes.

23 de agosto de 2016 | 16:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.