A Concellería de Turismo e Comercio convoca unha xuntanza co sector hostaleiro de Silleda o vindeiro mércores
A concelleira de Turismo e Comercio de Silleda, Ana Luisa González, vén de convocar para o vindeiro mércores día 31 unha xuntanza co sector da hostalería do municipio.
A cita será ás 18.00 horas na Casa da Cultura de Silleda e nesta reunión abordaránse distintas cuestións.
Así, ademais de facer un balance da actividade do colectivo hosteleiro cando se cumpre un ano da súa creación, tamén se falará da promoción do Camiño de Inverno e se abordará o calendario de actividades nos vindeiros meses.
“A principios de setembro cumprirase un ano dende que propuxemos dende a concellería crear o colectivo da hostelería, (Ahostras) un sector que cremos fundamental para Silleda e que xoga un papel moi importante na dinamización do sector turístico”, explica a concelleira, que agradece a asistencia á convocatoria.











