publicidade hoxe

O Galego Campa chega a Entrimo, Forcarei, Viveiro e Porto do Son

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaEntrimoForcareiLocal PortadaPorto do SonViveiro
A-
A+

‘O galego campa!’, o programa de dinamización da lingua galega que impulsan a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado para promover a actividade en lingua galega nos campamentos de verán da Xunta de Galicia , chegou esta semana aos albergues Penedos de Xacinto, do Entrimo; As Sinas, de Vilanova de Arousa, e Area, de Viveiro, así como aos campamentos xuvenís Virxe de Loreto, de Porto do Son, e Pontemaril, en Forcarei. A semana próxima, pechará o mes de xullo con paradas no Campamento Xuvenil Os Chacotes, en Palas de Rei, e no Albergue Xuvenil Benigno Quiroga, de Portomarín.

Entre os meses de xullo e agosto ‘O galego campa!’ terá presenza nun total de 17 campamentos e implicará a 1479 dos rapaces e rapazas que participan na Acción de Verán 2016. O calendario completo de actividades pode verse en http://www.lingua.gal/o-galego-campa

A edición 2016 de ‘O galego campa!’ desenvolve nos campamentos de verán da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia algunha das 7 dinámicas ou series de actividades que foron incluídas este ano no “Repositorio dixital do tempo libre en galego”. As dinámicas sonlle remitidas previamente ao monitorado de cada campamento co fin de que este poida escoller a que mellor lle acaia á temática deste e aos intereses dos mozos e mozas asistentes. Unha vez feita a escolla, a empresa O Falcón Branco desenvólvea en colaboración co persoal de cada instalación.

Materiais para promover o galego no tempo libre

O programa O galego campa! inclúe, ademais das actividades presenciais de dinamización lingüística nos campamentos, materiais e propostas específicas para traballar lingua, mocidade e tempo libre. Estes materiais recóllense, desde o ano pasado, nun único repositorio dixital de uso libre que continúa actualizándose con novas propostas. Entre elas atópanse as 7 dinámicas de educación global que se están desenvolvendo este ano nos campamentos da Xunta de Galicia.

As dinámicas son adaptacións de propostas dos programas de mocidade e inclusión social do Consello de Europa e do centro de recursos SALTO da Comisión Europea que, por primeira vez, se poñen a disposición dos profesionais do tempo libre nunha das linguas cooficiais de Galicia para que lles sexan máis accesibles.

Lingua e mocidade

‘O galego campa!’ desenvolve o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega así como unha das medidas de fomento da lingua galega entre a mocidade do Plan Estratéxico de Xuventude de Galicia 2014-16, coordinado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Por outra banda, a Xunta de Galicia está traballando na elaboración do primeiro plan de dinamización do galego na mocidade, que, tomando como base as directrices establecidas no Plan Xeral de Normalización, marcará a folla de ruta da promoción do uso do galego entre a xente nova nos vindeiros anos.

22 de xullo de 2016 | 17:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.