publicidade hoxe

Pazos de Borbén recibe 223.000 euros do Plan Concellos para ampliar a rede de saneamento

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPazos de BorbénPontevedra
A-
A+

A Xunta de Goberno da institución provincial vén de aprobar a última achega ao concello de Pazos de Borbén ao abeiro do Plan Concellos 2016. Dentro da liña 1 que o plan dedica a investimentos, o concello recibirá 223.122,24 € destinados á ampliación da rede de saneamento no lugar de Lamasusán, na parroquia de Amoedo.

O Plan Concellos achegou 56.967,38 € na liña 2 para gastos correntes, 14.149,50 € (liña 3) destinados ao Entroido 2016, á XV Festa da Cacheira, un curso de bailes de salón, excursións ao Parque Acuático e a Marcelle Natureza e á semana deportiva do fútbol, e por último 84.267,60 € na liña 4 para a contratación de 20 persoas que están a desenvolver as súas profesións nos servizos municipais.

O 100% do total destinado a Pazos de Borbén dentro do Plan Concellos 2016 sitúa o investimento na vila, ao abeiro desta iniciativa, en 379.690,19 €, un 11,12% máis que en 2015.

20 de xuño de 2016 | 17:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.