publicidade hoxe

A Xunta inicia a construción dunha senda peonil na parroquia de Orro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNoia
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), iniciará hoxe a execución dunha senda peonil que dará continuidade á xa existente no núcleo da Mata, no Concello de Noia.

Estas obras foron adxudicadas a Construcciones Vázquez y Reino por máis de 47.000 euros e teñen un prazo de execución dun mes.

A actuación desenvolverase na marxe esquerda da estrada autonómica que comunica Cee e Ribeira (AC-550), entre os puntos quilométricos 69+570 e 69+980. O seu obxectivo é habilitar un itinerario peonil desde a glorieta da VAP Brión – Noia, próxima á ponte de Seilán, ata o lugar de Orro, situado á entrada de Noia, para dotar a este treito da estrada, que na actualidade non conta con beiravía, dunha zona diferenciada para o tránsito de peóns.

A solución proxectada consiste na execución dunha senda en formigón coloreada en color ocre, que contará cun mínimo de 1,7 m. e permitirá a circulación segura dos peóns.

A senda separarase da calzada mediante un caz, para asegurar a drenaxe axeitada da estrada. Ademais, colocarase unha tubaxe para a recollida das augas pluviais.

A actuación desenvolverase dentro da zona de dominio público da estrada, polo que non require de expropiacións, compatibilizando así a mellora do tránsito cunha mínima afección para os veciños

Como obras complementarias, construiranse muretes de contención do terreo nos puntos que sexa necesario polo desnivel do mesmo, e deixarase instalada unha canalización para a iluminación.

3 de xuño de 2016 | 16:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.