publicidade hoxe

A Xunta destaca en Ribadeo o seu impulso á innovación das cooperativas galegas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadeo
A-
A+

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, visitou hoxe en Ribadeo as instalacións da cooperativa Irmandiños, que conta con máis dun milleiro de socios e máis de 130 traballadores e traballadoras.

Toca destacou os valores que promove esta fórmula empresarial e destacou que o sector da Economía Social, que aglutina a máis de 7.000 entidades e 320.000 persoas, é un modelo que demostrou a súa resistencia fronte á crise económica.

A secretaria xeral explicou que unha das prioridades da Axenda 20 para o Emprego, a nova planificación da Xunta no eido laboral, é impulsar o cooperativismo. Deste xeito, explicou que esta folla de ruta reforza os incentivos ao cooperativismo e impulsa a competitividade e internacionalización do sector. “O que se pretende é incrementar o tamaño das cooperativas para dotalas dunha maior capacidade industrial e loxística que lles axude a competir”, subliñou. A Xunta destina este ano 5,4 millóns de euros para fomentar a Economía Social con diferentes liñas de axudas entre as que a Axenda 20 para o Emprego inclúe o Programa Aprol para promover a contratación do sector con preto de 3 millóns de euros.

Toca, ademais, explicou que o Goberno galego está a ultimar a Estratexia para o impulso do cooperativismo galego 2016-2020, que inclúe un total de 87 medidas co obxectivo de potenciar a competitividade e internacionalización deste sector. Ademais, recentemente, aprobouse o Proxecto de Lei de Economía Social de Galicia que ten como principal obxectivo regular ao sector, promovendo especialmente o cooperativismo xuvenil e ofrecendo grandes posibilidades para contribuír ao crecemento económico de Galicia desde o rural.

En definitiva, Toca indicou que a Xunta pretende potenciar ás empresas de Economía Social polo seu compromiso co territorio, fomentando as de base tecnolóxica e innovadora e de emprendemento industrial con atención ás destinadas ao rural.

10 de xuño de 2016 | 19:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.