publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Deputación da Coruña inviste 300.000 euros na mellora do firme de estradas en Sada, Miño e Pontedeume

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaMiñoPontedeumeSada
A-
A+

A Deputación da Coruña adxudicou as obras de mellora da seguridade viaria nos dous primeiros quilómetros da DP 5812 de Meirás ao Porto de Santa Cruz, no Concello de Sada, e os traballos de reforzo do firme en dous puntos da DP 4803 de Miño a Pontedeume por Perbes.

Hoxe asináronse os contratos entre a institución provincial e a empresa Sondeos Porzuna, que se encargará da realización de ambas as dúas obras, que comezarán nas vindeiras semanas e terán un prazo de execución de tres meses.

Na DP 5812, as obras consistirán na limpeza das cunetas e beiravías en ambas as dúas marxes da estrada, o fresado das zonas danadas do firme e a pavimentación con mistura asfáltica de 5 cm. de espesor de todo o tramo comprendido entre os puntos quilométricos 0 e 2+000 desta estrada provincial, pertencentes á parroquia sadense de Meirás, cunha superficie total de 14.000 metros cadrados. O investimento ascende a 102.115,63 euros.
Na DP 4803, as obras consistirán na pavimentación dos tramos que van entre os puntos quilométricos 3+800 e 7+000 e os PK 10+350 ao 11+100, cunha superficie total de 29.050 metros cadrados, previo fresado do firme e a construción de diversos sobreanchos na estrada. Os traballos inclúen ademais a colocación de nova sinalización vertical e horizontal. O investimento ascende a 191.509,37 euros.

8 de xuño de 2016 | 18:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.