publicidade hoxe

A Consellería de Educación amplía o IES María Sarmiento de Viveiro para atender ás necesidades da FP básica

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaViveiro
A-
A+
Europa Press

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de formalizar o contrato de obra para a ampliación do IES María Sarmiento de Viveiro, co principal obxectivo de adecuar as súas instalacións ás necesidades da implantación de dous ciclos de Formación Profesional Básica neste instituto.

Tal como publica hoxe o DOG, esta actuación foi adxudicada á empresa Construcciones Vila-Río Miño S.A. por un importe de 355.310 euros (IVE incluído), e un prazo de execución de catro meses.

As obras –incluídas no Plan de mellora de infraestruturas educativas 2015-2020- abranguen a construción dun novo volume, anexo ás instalacións actuais, que albergará catro aulas de entre 44 e 52 metros cadrados, que quedarán distribuídas en cadansúa planta, onde tamén se localizarán os aseos. En total, a superficie construída ascenderá a 400 metros cadrados.

30 de xuño de 2016 | 13:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.