Un operario ferido ao caerlle unha árbore enriba en Silleda
Un operario resultou ferido este luns ao caerlle unha árbore enriba no municipio de Silleda (Pontevedra), debido ao que foi evacuado en helicóptero medicalizado a un centro hospitalario.
Segundo informou o CAE 112 Galicia, os feitos tiveron lugar sobre as 10,00 horas mentres o operario realizaba o seu traballo no lugar de Rabo de Gato, en Moalde.
Debido ás lesións ocasionadas, o 061 mobilizou un médico de Atención Primaria, unha ambulancia asistencial e un helicóptero medicalizado, que foi o que evacuou ao ferido, R.B.C.L., de 63 anos, ao Complexo Hospitalario de Santiago (CHUS), segundo confirmaron fontes sanitarias.











