O conselleiro de Política Social mantivo un encontro de traballo co alcalde de Baltar
A Consellería de Política Social, na figura do seu titular, José Manuel Rey Varela, continúa coa súa rolda de encontros cos representantes das institucións públicas de Galicia para coordinar a atención social dos cidadáns galegos.
O responsable da área social continúa a manter encontros de traballos periódicos cos rexedores para establecer, desde o consenso e a coordinación, as liñas de actuación social que beneficien a todos os cidadáns de Galicia a través da optimización dos recursos locais e autonómicos. A Xunta de Galicia e as entidades locais adquiren o compromiso de acadar unha política social axeitada que se adapte as necesidades de cada municipio. No día de hoxe, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo un encontro de traballo co alcalde do municipio ourensán de Baltar, José Antonio Feijóo Alonso.
Na xuntanza abordouse a situación das infraestruturas sociais do municipio e estudáronse novas vías de colaboración para mellorar os servizos prestados aos cidadáns. Doutra banda, ambos mandatarios salientaron a ratio de atención do Servizo de Axuda no Fogar que xa acada o 99,71% grazas ao incremento de 600 horas anuais.