publicidade hoxe

Medio Ambiente destaca o traballo ambiental da Asociación Amicos para contribuir á protección do patrimonio natural da Illa de Sálvora

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio destacou esta mañá o traballo e o labor que realiza a Asociación Amicos a prol da conservación, mantemento e protección do patrimonio natural da Illa de Sálvora. A directora xeral de Conservación da Natureza, Ana María Díaz, fixo entrega esta mañá dun diploma de recoñecemento polas tarefas ambientais e pola defensa do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

A directora xeral recordou que, nesta semana na que se celebra o Día Europeo dos Parques Naturais, é de obriga recoñecer o papel que Amicos desenvolve, grazas a posta en marcha de actividades e tarefas que contribúen á protección, recuperación, fomento e difusión dos valores culturais e antropolóxicos dos espazos naturais e, concretamente, da Illa de Sálvora.

Lembrou que nesta edición a celebración do Día dos Parques leva por lema O sabor da natureza, co que se buscar incidir nas vantaxes de apostar pola agricultura sostible e facela compatible coa conservación dos espazos protexidos.

Neste sentido, destacou que o Biocentro da Asociación Amicos, ubicado na parroquia de Oleiros en Ribeira, está especializado en formar aos usuarios nas habilidades da agricultura ecolóxica. Dende os comezos, Amicos apostou por fomentar o cultivo e o autoconsumo e hoxe toda a súa produción está certificada polo Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA).

Ana María Díaz sinalou que Amicos é importante non só polo traballo a prol da Illa de Sálvora, senón tamén por ser unha asociación de familias de persoas con discapacidade intelectual sen ánimo de lucro dedicada a mellorar a súa calidade de vida.

Reiterou que, cos labores que realizan neste espazo natural, permítese o coñecemento e goce dos seus principais valores, sempre de forma compatible coa súa conservación e a integración de todos.

25 de maio de 2016 | 16:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.