Evacuado ao Hospital do Barbanza un tripulante dun pesqueiro
O helicóptero ‘Pesca 1’ da Xunta evacuou un tripulante dun pesqueiro debido a unha indisposición médica, polo que foi levado ao Hospital do Barbanza.
Segundo informaron fontes de Salvamento Marítimo, ás 9,15 horas deste luns recibiuse o aviso do pesqueiro ‘Gransolero Sexto de que un tripulante presentaba dor de peito e estaba mareado.
Por iso foi mobilizado o helicóptero ‘Pesca 1’, que realizou a evacuación a terra do tripulante do buque que se atopaba a catro millas ao Oeste de Corrubedo.
Á súa chegada ao municipio de Ribeira (A Coruña), unha ambulancia asistencial do 061 recolleu ao paciente, o varón F.J.P., de 34 anos, que foi levado ao Hospital do Barbanza, segundo confirmaron fontes sanitarias.











