publicidade hoxe

Dúas persoas excarceradas en senllos accidentes en Coirós e Noia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCoirósNoiaSucesos
A-
A+
Europa Press

Os bombeiros de Betanzos liberaron a un condutor que quedou atrapado no interior do vehículo que conducía despois de chocar contra un camión que transportaba aluminio, segundo informa o 112. O accidente produciuse na A-6, no punto quilométrico 560, no termo municipal coruñés de Coirós.

Eran case as 20,00 horas deste luns cando os servizos sanitarios alertaron ao 112 da colisión. A partir de aí, avisouse aos bombeiros e aos axentes de tráfico. Unha vez liberado, o ferido foi trasladado nunha ambulancia polo persoal sanitario ao Chuac. O servizo de mantemento da estrada tamén foi requirido polo 112.

En Noia (A Coruña), por outra banda, un vehículo saíuse da vía e chocou contra un muro. O seu condutor tamén tivo que ser liberado polos bombeiros ao quedar atrapado no interior do coche.

Este sinistro ocorreu na estrada que une a rotonda de Orro coa Ponte Nafonso, sobre as 1,15 horas deste martes, e outra persoa tamén precisou asistencia sanitaria.

Ademais da os bombeiros de Boiro e a Urxencias Médicas, o 112 solicitou a colaboración dos axentes de Tráfico e dos efectivos do GES de Brión e de Protección Civil de Noia.

31 de maio de 2016 | 10:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.