publicidade hoxe

Darío Campos compromete en Abadín rematar o arranxo da vía de Moncelos ao Carrizal con 370.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAbadínLugo
A-
A+

O Presidente, Darío Campos Conde, xunto ao Deputado de Xestión Territorial, Argelio Fernández Queipo, e o Alcalde de Abadín, José María López Rancaño, comprometeuse neste municipio lucense a rematar o arranxo da estrada LU-P-0102 de Moncelos a Carrizal con 370.000 euros. Trátase dun treito de 900 metros, que vai dende o punto quilométrico 2.800 ao 3.700, co que a Deputación finaliza o acondicionamento da totalidade desta vía. A través do Plan de Obras e Servizos (POS), a Deputación xa arranxou con máis de 1 millón de euros o resto da estrada.

O departamento de Vías e Obras está a redactar este proxecto, que contempla traballos de limpeza e acondicionamento das cunetas, mellora do firme con aglomerado en quente de firme, sinalización horizontal e vertical e pintado integral, entre outras labores.

“Esta actuación complementa as levada a cabo anteriormente e, con ela, a LU-P-0102 quedará completamente renovada co fin de garantir a seguridade das ducias de vehículos que transitan por esta estrada provincial e mellorar as comunicacións entre os Concellos da Pastoriza e Abadín”, destacou Campos Conde.

Fernández Queipo subliñou que “atendemos as demandas dos lucenses e respondemos coa maior axilidade posible para mellorar os servizos e infraestruturas”.

11 de abril de 2016 | 18:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.