publicidade hoxe

Silleda acolle un Curso de Presentadores da Asociación Galega de Criadores de Cabalos Árabes na Feira Internacional de Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+

A Feira Internacional de Galicia ABANCA acolle esta fin de semana o Curso de Presentadores da Asociación Galega de Criadores de Cabalos Árabes (A.G.C.C.A), ao cal acoden 25 alumnos procedentes de distintos puntos de Galicia e de Asturias, Cantabria, Madrid e Barcelona.

Esta cita formativa, que terá lugar durante toda a xornada de mañá sábado e tamén a mañá do domingo, estará conducida polo presentador internacional Vicente Villa Castilla, propietario do centro de adestramento equino madrileño Luxury Training Center.

O curso contará con clases teóricas que abordarán como realizar un programa de adestramento para os cabalos que participan en shows, o programa de alimentación axeitado para o seu acondicionamento físico, as partes a traballar no animal, a suplementación nutricional, o esquilado de cabeza e corpo enfocado a exhibicións e o schooling (exhibición correcta na que se expón o cabalo diante o xuíz). Ademais, analizaranse os diferentes parámetros á hora de puntuar un cabalo de show (cabeza e pescozo, tipo, corpo, extremidades e movementos) para sacar a maior nota final ante os xuíces.

Así mesmo, os alumnos inscritos tamén recibirán formación práctica con cabalos no ring hípico do recinto, a cal se centrarán na realización adecuada do traballo da man co ramal e nos esquilados en diferentes zonas do corpo e os números de coitelas que se deben empregar nas esquiladoras para sacar o maior partido ao exemplar. 

Celebración na FIGA 

A Asociación Galega de Criadores de Cabalos Árabes (AGCCA) celebra este clinic co obxectivo de dar saídas profesionais á constante demanda que presenta o cabalo árabe en Galicia, moi destacable con respecto ás demais comunidades autónomas. Por terceiro ano consecutivo lévano a cabo no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA, un espazo escollido por esta entidade pola súa localización no centro da Comunidade e nunhas completas instalacións nas que dispoñen tanto de salas para as súas clases teóricas como dun ring hípico para a formación práctica.  

4 de marzo de 2016 | 12:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.