Varios veciños de Silleda participan no programa da TVG Desafío nos fogóns
“Desafío nos fogóns” é un programa concurso de cociña que percorre diferentes vilas galegas para atopar os mellores cociñeiros afeccionados da nosa gastronomía.
O próximo xoves, día 18 de febreiro e en horario habitual do programa, (ás 22:30 horas), emitirase unha nova edición do concurso gastronómico, na cal participarán varios veciños do concello que se habían inscrito previamente.











