publicidade hoxe

Unha trintena de bebés e as súas familias participaron no espectáculo conmemorativo do Día da Lingua Materna

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+
Espectáculo para bebés en Riveira

Espectáculo para bebés en Riveira

Uns 30 bebés e os seus pais e nais acudiron onte pola tarde á Biblioteca Municipal de Riveira co fin de participar no espectáculo teatral conmemorativo do Día da Lingua Materna.

A acción estivo promovida polo Concello de Riveira a través do Servizo de Normalización Lingüística, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta e a Deputación da Coruña.

Os pequenos pasárono en grande coa proposta cultural “Os contos do chupete”, desenvolvida por Migallas Teatro. 

22 de febreiro de 2016 | 17:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.