Silleda celebrará o Día de Rosalía o vindeiro mércores
O Concello de Silleda sumarase este próximo mércores 24 á celebración do Día de Rosalía. Ademais de editar uns carteis conmemorativos que xa están distribuídos polos centros educativos e colocados nas dependencias municipais, ese mesmo día, pola tarde, as Concellerías de Cultura e de Xuventude, organizan a actividade “Achegándonos a Rosalía”, un obradoiro de chapas e outro consistente na creación dun libro que recolla partes da vida e obra da autora de Cantares Gallegos.
Estas actividades, indicadas para nenos e nenas con idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos, terán lugar na Casa da Xuventude en horario de 16:00 a 18:00 horas.











