publicidade hoxe

Riveira solicita unha achega á Xunta para renovar 455 metros de beirarrúas no polígono de Xarás

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

A xunta de goberno local do Concello de Riveira formalizou no día de hoxe a solicitude dunha subvención á Consellería de Emprego, Economía e Industria dirixida á renovación de beirarrúas e á instalación de pluviais na avenida Ramiro Carregal Rey, sita no polígono industrial de Xarás.

Con esta actuación preténdese substituír 190 metros liñais de beirarrúa na marxe dereita (contados a partir da rotonda de acceso) e outros 265 metros na parte esquerda, suplantando a infraestrutura existente por outra de formigón para afianzar a seguridade viaria. Igualmente dotarase á zona dunha rede de pluviais da que carecía.

Valorada en 110.998,94 euros, as axudas á que aspira esta actuación foron convocadas o pasado 30 de decembro no Dierio Oficial de Galicia e están destinadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia. Poderíanse financiar con esta achega ata un máximo do 80%.

18 de febreiro de 2016 | 18:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.