O Concello de Silleda realiza arranxos nos viais danados polo último temporal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+
Bacheo rúa do Agro

Bacheo rúa do Agro

O Concello de Silleda, a través do departamento de Obras e Servizos, que dirixe Klaus Brey, iniciou os traballos de reparación do firme en zonas onde as choivas das últimas semanas provocaron danos.

Os traballos iniciáronse hoxe no casco urbano de Silleda e continuarán na Bandeira e nas parroquias do rural en días sucesivos. Operarios municipais están a realizar o bacheo en puntos como a rúa do Agro, na intersección coa rúa Trasdeza de Silleda.

“Nos vindeiros días trataremos de ir arreglando os desperfectos nos viais do resto das localidades, sempre que a climatoloxía acompañe”, indica o concelleiro Klaus Brey.

2 de febreiro de 2016 | 17:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.