publicidade hoxe

O Concello de Riveira renovou o regulamento do arquivo municipal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe a aprobación definitiva do novo Regulamento do Arquivo Administrativo do Concello de Riveira: un documento que  vén a substituír a normativa reguladora deste servizo (a anterior databado ano 1995) co fin de adaptala á progresiva implantación da Administración Electrónicaamparada nas novas tecnoloxías dixitais e para facilitar o acceso ao documentos custodiados por parte dos usuarios interesados.

O regulamento aprobado consta de 58 artigos distribuídos en oito capítulos.Conta ademaiscunha disposición final, unha disposición derogatoria e unha disposición transitoria, e un apéndice que regula as normas para acceso e consulta en sala e os modelos de documentación para trámites.

O articulado da nova ordenanza foi harmonizado a distintas disposicións xurídicas,moi particularmente á Lei de Transparencia, á Lei Orgánica de Protección de Datos e áLei de Arquivos de Galicia. De igual xeito, prestouse atención á tendenciareinante segundo a cal os documentos en papel están sendo paulatinamente suplantados por documentos electrónicos e, neste senso e sempre tendo como fin último a conservación patrimonial de documentos, a ordenanza regula tanto a documentación en papel, como a nacida electronicamente e a dixitalizada..

A normaabarca todo o proceso dende que ten lugar o inicio dun trámite administrativo ata a súa resolución, regulando en base a criterios arquivísticos extremos como a custodia e conservación dos documentos, a súa organización ou o acceso e consulta de dita documentación por parte dos interesados, ben sexa de forma presencial ben por medios electrónicos, así como a súa reprodución.

10 de febreiro de 2016 | 17:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.