Estrea da curtametraxe sobre violencia de xénero realizada por alumnos de Riveira
O Centro de Información á Muller do Concello de Riveira presentará, o vindeiro 19 deste mes de febreiro, ás 20.00 horas no Auditorio Municipal, a estrea da curtametraxe realizada por alumnado de bacharelato e formación profesional do noso municipio.
O traballo audiovisual que se presenta, titulado Un conto Disney, forma parte dun programa de coeducación para fomento da igualdade e prevención da violencia de xénero. O alumnado contou coa dirección de profesionais do ámbito audiovisual e expertos en xénero, que potenciaron a reflexión e a autocrítica, especialmente nas relación de xénero entre adolescentes e mozos.
A entrada é libre e gratuíta.
Nunha segunda fase este traballo servirá de soporte para impartir charlas nas aulas.











