Continúan os obradoiros de xadrez audiovisual nos colexios silledenses

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+

Mario Iglesias, do Club de Xadrez Ágora de Silleda, segue a impartir os Obradoiros de Xadrez Audiovisual nos colexios, actividade posta en marcha dende o departamento municipal de Educación, que está a ter unha boísima acollida entre a comunidade educativa. Xa tiveron lugar as sesión no CEIP Ramón de Valenzuela de Bandeira o pasado día 12, e este mesmo venres 19 no Colexio Plurilingüe María Inmaculada, onde asistiu a concelleira de educación, Pili Peón para ver o desenrolo da proba.

O obradoiro rematará o próximo venres 26 no CEIP de Silleda.

O obxectivo destes obradoiros de xadrez é a introdución dos nenos na práctica deste xogo, que se constitúe como unha ferramenta moi útil para favorecer o exercicio e o desenrolo das aptitudes mentais: concentración da atención, razoamento, e coordinación, – indicou a concelleira Pili Peón.

19 de febreiro de 2016 | 16:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.