Conclúen os traballos de pavimentación da travesía Delicias en Corrubedo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

Esta semana veñen de finalizar, coa elevación dos pozos de rexistro á nova cota, os traballos de pavimentación da travesía Delicias na parroquia riveirense de Corrubedo.

Esta obra está adscrita ao Plan de Aforro e Investimento da Deputación Provincial e foi executada pola empresa Canarga, culminando unha macroactuación que incluíu o asfaltado de 16 viales diseminados polas parroquias de Castiñeiras, Corrubedo e Palmeira.

A travesía Delicias é moi transitada polos vehículos ao ser un dos principais viales de saída do pobo de Corrubedo ao desembocar directamente na rúa Buenos Aires.

17 de febreiro de 2016 | 17:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.