As entradas para acudir ao Spring Festival 2016 poderanse adquirir a partir deste martes en vinte puntos de venda anticipada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+

O evento musical Spring Festival 2016 celebrará o venres 18 de marzo a súa segunda edición, a cal reunirá no pavillón 1 do recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA ao grupo Camela e ás orquestras La Nueva Phila, Olympus  e Ciclón, que presentarán as súas novas xiras para 2016.

Para facilitar a compra de entradas de forma anticipada a empresa organizadora, Piñeiro Pub, estableceu 20 puntos de venda que estarán dispoñibles a partir de mañá. Deles un é a través de internet, accedendo á web de Abanca (entradas.abanca.com).

Puntos de venda físicos 

Os restantes puntos de venda son establecementos físicos nos que se poderán comprar os tickets. Neste listado inclúense, en Silleda, o restaurante Casas Novas, Tiendas Bernabé, Cervecería O Refuxio e a Taberna do Músico (en Bandeira). En Rodeiro despacharanse entradas no Pub Quirós, en Lalín na panadería Bouzada e os dous establecementos de Tiendas Bernabé, en Forcarei no supermercado Aliprox, en Vila de Cruces  en Disco-Cactus  e  Tiendas Bernabé, e en A Estrada tamén en Tiendas Bernabé e Cafetería Invictus. 

Fóra das comarcas de Deza e Tabeirós-Montes, as entradas tamén se venderán en Sigüeiro (Oroso) no bar Sigüeiro,  en Cuntis no bar Chelsea, en Arzúa no Café Bar Pedrito, en Melide no Café Bar la Fundación, en Santiago no Café Bar Agarimo e en Ourense (en A Valenzá), no local de Móvete Galicia. 

O prezo da entrada anticipada é de 7€ nos puntos de venda físicos e de 7€ máis gastos de xestión na web de Abanca. En taquilla o custe será de 9€. Os nenos menores de 12 años poderán entrar sen pagar (acompañados dun adulto) e o aparcadoiro será gratuíto.

22 de febreiro de 2016 | 12:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.