publicidade hoxe

As entradas para a obra “Xamón, xamón” estarán á venda o luns no Concello de Silleda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioSilleda
A-
A+

O vindeiro sábado, día 27 de febreiro, a compañía estradense Tirinautas volta a actuar no municipio silledense coa recen estreada comedia Xamón, xamón. A actuación terá lugar ás 21:00 horas no auditorio Manuel Dopazo da Bandeira. As entradas podernse retirar no Concello de Silleda dende este próximo luns, en horario de 8 a 3, e tamén estarán á venda en taquilla o mesmo día da obra. En ámbolos casos, terán un custe de 5 euros.

A actuación, programada dende a Concellería de Cultura de Silleda, ven precedida do enorme éxito desta comedia de enredo, con ritmo televisivo e parodias musicais intercaladas, que conta cun elenco no que figuran,  ademais do coñecido Isi; Chelo do Rejo, Gonzalo Valcárcel, Saly Torres, Chus Sánchez, Begoña Sánchez; Xosé Lueiro e Toño Pena.

A comedia conta a historia de Primi, unha monxa que tamén é adiviña e que vive dende pequena nun convento. Sae a buscar unha irmá que non coñece e atopa o amor. 

19 de febreiro de 2016 | 16:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.