Ábrese o prazo para solicitar subvencións culturais e deportivas municipais en Silleda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+

O BOP de Pontevedra publicou este venres as bases reguladoras para a concesión das axudas municipais a entidades deportivas, e para a promoción de actividades culturais.

Segundo ditas bases, os colectivos e asociación culturáis, así como os clubes e as entidades deportivas, terán un prazo de 20 días hábiles par formalizar a solicitude no Concello, contando a partires do día seguinte á publicación das bases. Deste xeito, o prazo para solicitar as axudas rematará o vindeiro venres 18 de marzo.

Tanto as bases publicadas, coma os modelos de solicitude, e outros formularios que deben de presentarse en ambos casos, poden solicitarse no rexistro do Concello de Silleda, e tamén se poden descargar na web municipal, www.silleda.es, onde se creou un banner para cada unha das modalidades.

19 de febreiro de 2016 | 16:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.