A Unidade Móbil do Centro de Transfusión de Sangue visita Silleda o venres 19 de febreiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+

A Unidade Móbil do Centro de Transfusión de Sangue de Galicia volve visitar Silleda este mes. A cita será o vindeiro venres día 19 na capital municipal, onde quedará instalada no lugar de costume: na avenida do Parque, fronte á parada de taxis. Nesta xornada as persoas que queiran realizar doazóns poden acudir en horario de 10.00 a 14.00 e tamén pola tarde, de 16.30 a 21.00 horas.

O Concello de Silleda e o Centro de Centro de Transfusión de Sangue de Galicia amosan o seu agradecemento a todas as persoas que participan nestas campañas, xa que o xesto solidario das doazóns contribúe a mellorar a saúde de moitos doentes.

10 de febreiro de 2016 | 17:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.