A Sociedade de Caza e Pesca de Silleda organiza un taller de pesca e un concurso de montaxe de mosca
O vindeiro sábado, día 20, dará comezo o II Taller e Exhicibión de Montaxe de Moscas e Señuelos, organizado pola Sociedade de Caza e Pesca de Silleda, e coa colaboración do Concello, no que estarán presentes 6 mestres artesáns de montaxe de aparellos de pesca: Fernando Comba, Óscar Gayoso, Julio Seijas, Manolo García, Eduardo Fontela, e o campión do mundo de salmónidos, David Arcay.
A entrada neste taller será libre e gratuíta.
O día completarase co sorteo dun carrete de pesca a mosca, doado por unha tenda especializada da comarca.
Xa na xornada do domingo 21, e despois da exhibición do bicampión David Arcay, ás 10:00 h., terá lugar o I Concurso para Iniciados na Montaxe de Moscas, no cal xa hai unha decena de inscritos, así coma varios nenos, que aínda que fora de concurso, tamén participarán.
O Concurso repartirá un total de 450 euros en premios, (250 para o primeiro clasificado, 100 euros para o segundo e 50 para o terceiro) e sortearase ademais entre os asistentes unha cana cola de rata de carbono e un carrete para ninfa.
Dende a organización tamén queren recalcar que, de xeito paralelo ás xornadas, ámbolos dous días haberá eventos culinarios relacionados con
produtos de pesca, consistentes en rutas gastronómicas e de tapas, con prezos especiais en restauración e en aloxamento en varios establecementos de Silleda, así como tamén excursións gratuítas, ámbolos dous días, ás 11:30 horas da mañá, a zonas emblemáticas do concello, coma o Mosteiro de Carboeiro, e a Fervenza do Toxa.











