A Asociación de Veciños de Ansemil-Martixe celebra o día do Teatro este sábado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+

A asociación cultural e veciñal de Ansemil-Martixe celebra este próximo día 20 o seu tradicional encontro dos últimos sábados de mes, no que ademais celebrará tanto o Día Mundial do Teatro como a xa tradicional cea de Entroido. A partir das 19.30 horas, no local social que comparten as dúas parroquias comeza unha sesión de teatro, a cargo do grupo da Asociación Coto Manguelo, de Orazo. Os seus actores representarán tres pezas dramáticas e, ao seu termo, terá lugar a cea de Entroido con disfraces. Ao longo da velada tamén está previsto que actúe a formación Gaiteiros dá Pereiriña. Espérase, como xa ven sendo habitual, unha grande afluencia de público.

17 de febreiro de 2016 | 17:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.