Un novo anuario dixital repasa o acontecido en Riveira en 2015

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

O Concello de Riveira acaba de publicar esta mañá un Anuario Dixital no que se repasa o acontecido no noso municipio durante o 2015. Con 111 páxinas e máis de 250 fotografías, a revista electrónica titúlase Riveira Futura. Unha mirada municipal ao ano 2015. Está dividida en cinco capítulos titulados, respectivamente, “Os piares estratéxicos”, “Vocación social”, “Un patrimonio de todos”, “Para afianzar o porvir” e “Gañando infraestruturas”. 

A través das súas páxinas dase conta de moitas das accións emprendidas a instancias ou con participación do Concello, tales como melloras en infraestruturas (entre as que destacan as incluídas no Riveira Atlántica), actividades culturais e formativas, recoñecementos institucionais, medidas de transparencia e participación cidadá, ordenanzas de carácter social, iniciativas turísticas e para o emprendemento e un longo etcétera…

Na páxina web

Para ler o anuario basta acceder a través da páxina web municipal (www.riveira.es / www.riveira.gal). Así mesmo, está aloxada de forma gratuíta na plataforma issuu, a referente do sector en canto á publicación de revistas e periódicos electrónicos.

Cómpre destacar que, ao igual que xa sucedera co anuario dixital do exercicio pasado (o primeiro destas características editado polo Concello), os traballos de elaboración e maquetación da revista foron enteiramente realizados por persoal do Concello.

19 de xaneiro de 2016 | 17:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.