publicidade hoxe

Un albanel resulta ferido tras caer dunha altura duns catro metros mentres traballaba nunha fábrica en Ribadeo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadeoSucesos
A-
A+
Europa Press

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron este xoves a un traballador autónomo que caeu dunha altura duns catro metros, aproximadamente.

O 112 informa de que o home estaba a realizar traballos de albanelaría nunha fábrica situada no lugar da Devesa, en Ribadeo (Lugo).

Por razóns que se descoñecen, caeu ao chan, e foi evacuado, ferido, por unha ambulancia de urxencias médicas ao centro hospitalario de referencia.

A alerta foi recibida sobre as 16,30 horas e o 112 deu o aviso tamén á Garda Civil e aos membros de Protección Civil de Ribadeo.

21 de xaneiro de 2016 | 20:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.