Recepción a Alberto Figueiro e o seu equipo no Concello de Silleda

Recepción a Alberto Figueiro
O alcalde, Manuel Cuiña, e os concelleiros Klaus Brey e Pili Peón recibiron xunto co Olga Baltasar e Mercedes Folla, da Agrupación silledense da AECC, a este veciño de O Grove que realiza a ruta promocional do Lúatlon en homenaxe ao seu irman Luis Miguel “Lu”, falecido de cancro en 2013. Figueiro, promotor do exitoso Lúatlon co que recauda fondos para a Asociación Española contra o Cancro, partirá mañá dende Silleda ata Ponferrada en bicicleta, na que será a terceira etapa da ruta deste ano O Grove-Barcelona.











