Os servizos de emerxencia de Riveira atenden un vehículo ardendo na estrada de Frións

Intervención dos bombeiros
Os servizos de emerxencia do municipio foron alertados hoxe ás 8.55 horas dunha incidencia consistente nun vehículo que se atopaba ardendo na estrada DP 7301, no tramo comprendido entre o parque de San Roque e a rotonda de Xarás.
Ata o lugar se desprazaron o Grupo de Atención e Emerxencias Municipal (GAEM), Protección Civil, Policía Local e Bombeiros, procedendo á extinción do lume no turismo.
O vehículo –un Renault Laguna- quedou practicamente calcinado, pero non houbo que lamentar danos persoais.











