O programa de Intervención Integral do Alzhéimer comeza con 20 participantes no curso de coidadores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+

O programa de Intervención Integral a Persoas con Alzhéimer e familias coidadoras que desenvolve o Concello de Silleda a través da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras demencias da provincia de Pontevedra (AFAPO) comezará pasado mañá xoves co curso para familias e coidadores/as.

Hai un total de 20 persoas anotadas neste ciclo que continuará o vindeiro xoves 28 de xaneiro e os días 4 e 11 de febrero, en horario de 17.00 a 19.00 horas. A cita será na Casa da Xuventude onde tamén se desenvolverán os talleres para persoas enfermas, que comezan en marzo e continuarán ata o mes de decembro.

O programa, iniciado con éxito pasado ano, amplíase coa creación do Centro de Información e Asesoramento e cun orzamento que se quintuplica, pasando de 4.000 a 18.000 euros, ao eliminarse o copago do usuarios.

Centro de Información e Asesoramento, no Centro Social

A aposta do Concello de Silleda por este programa de intervención sobre o Alzhéimer tamén queda patente coa creación do Centro de Información e Asesoramento que estará a disposición das persoas interesadas dende o día 2 de marzo, atendido por persoal especializado de AFAPO unha vez ao mes.

O Centro situarase nas dependencias de Benestar Social, no Centro Social de Silleda, e estará aberto ao público cada primeiro mércores de mes ata decembro, en horario de 11.00 a 14.00 horas.

“Estarán a disposición do público para resolver calquera cuestión relacionada con trámites administrativos, xurídicos, ou sociais relacionadas con esta enfermidade”, sinala a concelleira de Benestar Social.

19 de xaneiro de 2016 | 17:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.