publicidade hoxe

O Concello de Sada denuncia problemas nas visitas ao Pazo de Meirás

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSada
A-
A+
Europa Press

O concelleiro de Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente do Concello de Sada (A Coruña) denunciou “problemas” nas visitas ao Pazo de Meirás e reclamou “unha solución inmediata” a esta situación.

Nun comunicado, afirmou que aos visitantes que queren acceder a el élles imposible realizar a visita que teñen solicitada ou reservar día para facela. Ademais, sostivo que isto supón “un prexuízo enorme” para o concello, tanto a nivel económico como turístico.

En concreto, indicou que nos últimos meses están a recibir “continuas queixas” por parte de usuarios da Oficina de Turismo do Concello de Sada, así como nas redes sociais e na propia concellaría “relativas a esta problemática”.

Por todo iso, explicou que presentaron un escrito ante a Xunta na que reclama “a resolución inmediata” desta situación. Tamén piden que se abra un expediente “que depure responsabilidades respecto dos citados incumprimentos”.

15 de xaneiro de 2016 | 18:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.