Entrega de diplomas a 150 nenos asistentes aos talleres de conciliación de Nadal en Riveira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+
Entrega de diplomas

Entrega de diplomas

O Auditorio Municipal de Riveira serviu esta mañá de escenario para a entrega de diplomas dos distintos obradoiros organizados polo Concello co fin de favorecer a conciliación nestas datas de Nadal.

Uns 150 nenos e nenas e moitos pais e nais asistiron a este acto, que tamén contou coa asistencia do alcalde, Manuel Ruiz, e da concelleira de Cultura, Fabiola García.

O acontecemento comezou cunha serie de actuacións musicais a cargo dos distintos grupos do Nadal Concilia para dar paso a continuación a entrega dos diplomas a estes rapaces e aos alumnos participantes no obradoiro de artes plásticas.

5 de xaneiro de 2016 | 16:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.