publicidade hoxe

Concentración de alto nivel de Taekwondo en Riveira e Porto do Son do 7 ao 10 de xaneiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaPorto do SonRiveira
A-
A+

A Federación Galega de Taekwondo, en colaboración co Natural Sport Videlgi, celebrará entre os días 7 e 10 de xaneiro, unha concentración de alto nivel no que estarán presentes deportistas de Croacia, Bélxica, Baleares, Madrid, Castela a Mancha, Portugal, País Vasco e Galicia. Este stage, que é a primeira vez que se organiza en Galicia, ten como un dos seus obxectivos facer a primeira preselección cara a definir o equipo absoluto que acudirá ao Campionato de España que se celebrará definitivamente o 20 de febreiro en Leganés, segundo ven de confirmar a Real Federación Española de Taekwondo. Ademais, contará con deportistas que están loitando por clasificarse para os Xogos de Río 2016 o cal engade un plus importantísimo ao nivel que se poderá gozar nestes días para todos aqueles amantes do taekwondo.

A concentración comezará no Concello de Riveira (días 7 e 8) e posteriomente trasladaranse a Porto do Son (días 9 e 10). En total participarán uns 60 taekwondistas galegos nesta concentración, na que poderán traballar e medirse a deportistas de Croacia, Bélxica, Portugal, Baleares, Madrid, País Vasco e Castela a Mancha, algúns dos cales disputarán o preolímpico europeo. En total celebrarán esta concentración máis de 100 deportistas.

Todas aquelas persoas que queiran acudir a ver os adestramentos e un taekwondo do máis alto nivel, poderán facelo de forma totalmente gratuíta (xoves de tarde e venres en horarios de mañá e tarde no Pavillón Alcalde Torres Colemer de Palmeira e sábado e domingo no Pavillón Santa Irene de Porto do Son en horarios de 10:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:00).

7 de xaneiro de 2016 | 17:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.