Clausúrase o curso de herbas medicinais en Silleda

Manuel Cuiña na clausura do curso
O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña entregou os diplomas de asistencia aos participantes no curso de plantas e herbas medicinais que rematou con grande éxito en Silleda. O ciclo, un dos moitos ofertados dentro do programa da Concellería de Cultura foi unha das novidades do cartel deste ano, acadando un grande interese. Cuiña felicitou aos asistentes ao ciclo, impartido polo silledense Rosendo Estévez, e recolleu tamén as suxerencias con novas temáticas para novos cursos do programa. A vindeira semana remata tamén o curso de poda e inxerto, outro dos incluídos neste programa.











