A Orquestra de Corda do Conservatorio Profesional de Lalín actúa na Bandeira o vindeiro sábado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioSilleda
A-
A+

A Orquestra de Corda do Conservatorio de Grao Profesional de Lalín actuará este sábado  día 16 no auditorio Manuel Dopazo da Bandeira.  O concerto da agrupación, dirixida por Inara Vecbastika, será ás 19.30 horas, con entrada libre. Con este recital, organizado pola Concellería de Cultura de Silleda, que dirixe María José Fernández, retómase a programa cultural logo do remate do cartel de Nadal.

A orquestra está formada por unha vintena de integrantes con idades comprendidas entre os 9 e os 16 anos.

No repertorio figuran pezas clásicas coma o Nabucco de Verdi, a Marcha Radezty de Strauss, ou Barcarola de Offenbach, entre outros, e coñecidos temas como Yesterday, ou The Sound of Music, da Banda Sonora de Sonrisas y Lágrimas.

Dende a Concellería de Cultura de Silleda anímase ao público a asistir a este recital de música clásica protagonizada por xóvenes intérpretes.

11 de xaneiro de 2016 | 17:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.