Un total de 47 alumnas dos talleres de arte floral e cociña de Nadal reciben os seus diplomas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+
Entrega de diplomas

Entrega de diplomas

Un total de 47 mulleres do municipio tomaron parte a pasada semana nos obradoiros de Arte Floral e Decoración de Nadal (22 alumnas) e de Cociña e Repostería de Nadal (25 alumnas) coas que tradicionalmente se dá o pistoletazo de saída as actividades culturais durante esta época festiva.

A concelleira Fabiola García Martínez acudiu ás aulas formativas que o Concello ten na rúa Cristóbal Colón para entregar cadanseu diplomas ás participantes e expresou a súa felicitación, co desexo de que a experiencia lles fose proveitosa para aplicala nos seus fogares.

Tamén foron distinguidas cun diploma as dúas profesoras: Carmen Vidal (cociña) e Maribel Losada (Arte Floral).

21 de decembro de 2015 | 18:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.