O torneo solidario de fútbol Biberón e as exhibicións de zumba voltan regresan a Silleda co programa de Nadal
O vindeiro sábado día 19 celebrarase unha nova edición do torneo solidario de fútbol biberón, coa participación de nenos de entre 4 e 5 anos de idade. Na mesma cita, os alumnos/as de zumba kids tamén realizarán varias exhibicións ante o público.
O certame deportivo dará comezo ás 17.00 horas, precisamente cunha das exhibicións de zumba das escolas deportivas de Silleda. AS 17.20 horas iniciase o torneo de fútbol –no que participan 4 equipos da Escola de Fútbol de Silleda- coa primeira das semifinais. Logo deste primeiro encontro terá lugar outra exhibición de zumba. O partido da final de fútbol dará comezo ás 18.40 horas. Unha vez rematado terá lugar a entrega de trofeos e de medallas para todos os participantes.
Ao igual que en anos anteriores o certamen ten un carácter solidario. Para asistir, o público pode realizar o seu donativo de xeito voluntario, dentro da campaña que o Concello de Silleda está a realizar co Programa de Nadal, coa recadación para os campamentos do Sáhara recentemente arrasados por fortes inundacións.
Os que o prefiran poden donar alimentos ou ben xoguetes novos que se entregarán ao programa municipal Silleda Solidaria.
Mañá : encendido do alumeado e inicio dos obradoiros na Casa da Xuventude
Por outra banda na xornada de mañá martes encenderase o alumeao de Nadal, que leva xa varios días colocado nas vilas de Silleda e da Bandeira, así coma en edificios municipais.
Así mesmo, darán comezo na Casa da Xuventude os obradoiros de manualidades, dirixidos a nenos e nenas, cunha sesión na que serán protagonistas as bólas de fío. As sesións creativas continuarán durante os vindeiros días, sempre a partir das 17.00 horas.
Curso de centros en Escuadro
Tamén mañá comeza no local social de Escuadro un curso de centros decorativos de Nadal organizado pola Asociación de Mulleres Rurais Fervenza do Castelo, desta localidade. O curso continuará tamén na xornada do mércores. Celebrarase en horario de 20.00 a 22.30 horas e as persoas que participen deben abonar 2 euros para sufragar os gastos de materiais.











