O PXOM de Silleda entra na fase de avaliación ambiental

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+

O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, achegouse esta mañá ata A Coruña para manter un encontro co equipo redactor do PXOM, da firma Eptisa. “Estamos a dar o último impulso ao documento urbanístico que tanto necesita Silleda”, engade.

O Plan Xeral de Ordenación Municipal atópase xa na fase de avaliación de impacto ambiental, un dos últimos trámites dos planeamentos antes da súa aprobación.

“Unha vez que se remate o traballo remitirase a documenta ao organismo autonómico correspondente para a aprobación deste estudo de impacto ambiental, paso previo á aprobación provisional do documento no Pleno”, indica Cuiña.

O alcalde lembra que a aprobación do PXOM é un dos grandes retos da lexislatura para Silleda, “a folla de ruta que marcará o crecemento e desenvolvemento do noso municipio”, engade.

Estímase que unha vez remitida a documentación por parte da empresa redactora, a Administración Autonómica ten un prazo de dous meses para informar.

“Agardamos que non haxa ningún contratempo e que poidamos axilizar os prazos neste proceso que entra xa na súa recta final”, engade Cuiña.

O PXOM de Silleda aprobouse inicialmente polo Pleno da Corporación en decembro do ano 2012, iniciándose despois un proceso de exposición pública “que foi exemplar, levando o documento a todas as parroquias e coas pertinentes explicacións aos veciños e veciñas”, indica Cuiña.

As alegación presentadas xa foron respostadas hai varios meses e tamén se volcaron as aceptadas no documento. 

16 de decembro de 2015 | 18:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.