O IES Pintor Colmeiro entrega xoguetes e agasallos para o programa Silleda Solidaria

Xoguetes entregados
O programa Silleda Solidaria recibiu hoxe numerosos xoguetes, xogos e regalos por parte do alumnado do IES Pintor Colmeiro, agasallos envoltos polos estudantes do Ciclo de Comercio, e que forman parte da campaña de Nadal “Un agasallo, un sorriso”. Esta doazón xa se ven repetindo nos últimos anos por parte do centro educativo. A concelleira de Benestar Social, Pili Péon, que acudiu á entrega dos agasallos, expresa en nome do Concello e do programa Silleda Solidaria o agradecemento “por esta colaboración que xa é un clásico polo Nadal e que fará felices a moitos nenos e nenas de Silleda”, engade.











