O Concello de Silleda apela ao civismo logo dos roubos e actos vandálicos rexistrados nas últimas semanas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilledaSucesos
A-
A+

O goberno municipal de Silleda apela ao civismo e á colaboración cidadá ante unha serie de actos vandálicos e roubos  que se están a producir nas últimas semanas.

Así, o Concello vén de presentar denuncia antes a Garda Civil polo roubo de mobiliario na praia fluvial de Cira, no lugar de Fucarelos. Trátase de tres bancos de madeira que foron colocados no seu día na área recreativa desta parroquia, cando o Concello acometeu o proxecto de mellora e acondicionamento na praia fluvial de xunta dos ríos, na confluenza do Ulla e o Deza.

Dende o goberno municipal o alcalde, Manuel Cuiña lamenta este roubo, e apela non só ao civismo dos veciños “senon tamén á súa colaboración para tratar de evitar actos coma este, que ao final van en detrimento de toda a sociedade porque se trata de bens públicos”, engade.

Á  desaparición dos bancos de Cira, onde o Concello acometeu a mellora da zona con cargo ás axudas para zonas incluídas en Rede Natura, súmanse outros danos en parques infantís, onde tamén se rexistraron non só desperfectos senon tamén a desaparición dalgúns materiais de xogo (caso de unha seta que arrincaron do parque da igrexa de Silleda).

Tamén nas últimas xornadas, concretamente onte domingo se rexistrou un roubo en Taboada. Mentres se celebraba a misa na igrexa parroquial, entre as 11.00 e as 12.00 os cacos aproveitaron para puentear a ventanilla do turismo dunha veciña e levar un móbil que se atopaba no interior do vehículo.

7 de decembro de 2015 | 17:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.